O mellor da Feira do Viño de Amandi

Sober
16 Abril 2019
Viño
Redacción| 16 de abril de 2019
Famosos os viños de Amandi e famosa a feira decana que os homenaxea e que para o vindeiro ano cumpre os 40. O territorio ten presenza en cada botella e así o fixeron saber as 22 adegas que este ano reuniron ao seu carón a milleiros de fieis devotos deste evento, que saborea a esencia da Ribeira Sacra, e tamén aos que descubriron por vez primeira o que un sector tan importante para o municipio de Sober é capaz de congregar. Foron dous días de festa que, desta volta, tocaron a 13 e 14 de abril.
Concello