O movemento Slow Food dende a Ribeira Sacra ten forma de queixo

Chantada
11 Marzo 2019
Desenvolvemento
Redacción | 11 de marzo de 2019
Filosofía de respecto polo pequeno produtor, polo medio e polos alimentos sans e artesáns. O Fórum Gastronómico da Coruña reivindicaba hai uns días a ‘slow food’ ou os alimentos-comida lenta, un concepto mundial que une a boa mesa co compromiso pola terra. Facíao a través da presentación da comunidade Slow Food ‘Alimentos do Camiño’ de Santiago, que reúne a produtores españois de sidra, cava, mel, queixos… Precisamente a Ribeira Sacra está representada aquí a través do proxecto queixeiro chantadino de Airas Moniz, e ben encaixarían outras iniciativas agro alimentarias coñecidas na zona. Outros queixos de Castroverde e A Capela tamén se teñen sumado oficialmente a esta oportunidade para cambiar conceptos, ritmos e presentarse no mercado. O Fórum amosou ademais o gosto da boa cociña polo bo produto e non faltaron algúns cociñeiros de referencia que se nutren do contorno e da proximidade.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis