'O noso mundo dende a torre dun castelo'. Castro Caldelas. Capítulo 4 #ConectandoTerritorio

Castro Caldelas
30 Abril 2020
Educación
Redacción | 30 de abril de 2020
Rapazada autóctona, e algúns dos novos habitantes de Chandrexa, Parada de Sil, Montederramo ou Castro Caldelas fálannos das súas aldeas, do abandono e da recuperación, das oportunidades e das carencias. De vivir en conexión co patrimonio e da calidade de vida. Poucos/as teñen a oportunidade de subir á torre dun Castelo para respirar paisaxe e relatar cultura. Na aula de secundaria, e dende Airoá Comunicación, tratamos de facer ao alumnado protagonista da súa historia e da Ribeira Sacra a través das ferramentas audiovisuais da man da Deputación de Ourense. Temos que contarlle ao mundo todo o que somos!
Concello