O oso de salcedo

A Pobra do Brollón
15 Febreiro 2018
Patrimonio
Redacción | 15 de febreiro 2018
Agardar a chegada do Oso en Salcedo nun día de entroido produce unha sensación entre o medo e a resignación. Os criados e criadas, que se cobren completamente para non ser recoñecidxs fan antes o seu, atrapando ás súas vítimas. Mais o oso esperta do seu sono profundo co poder de poder de facer correr á multitude que o agarda aínda indo lento. Coas súas garras impregnadas de cinsa, auga e algún líquido que a xente prefire nin imaxinar polo seu mal cheiro o oso vai manchando unha a unha a todas as persoas que asisten a un dos entroidos tradicionais máis peculiares da Ribeira Sacra. 
Concello