O Plan Ribeira Sacra, 34 millóns de investimento na paisaxe cultural

A Peroxa
10 Decembro 2019
Patrimonio
Redacción | 10 de decembro de 2019
Os Peares foi o lugar escollido para a presentación do Plan Ribeira Sacra, cun investimento de 34 millóns de euros ata 2023 en eidos como o patrimonio e paisaxe cultural, a ordenación do territorio ou a conservación dos valores naturais e medio ambiente, entre outros. O obxectivo é reforzar o territorio na súa candidatura como Patrimonio Mundial. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo tamén presidiu nesta localidade a na sinatura do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións do consorcio local dos Peares.

Concello
Concello A Peroxa
A Peroxa Saber máis