O proxecto etnoarqueolóxico Adegas da Memoria unirá ciencia, veciñanza e cultura en Vilachá

A Pobra do Brollón
28 Marzo 2019
Patrimonio
Redacción | 29 de marzo de 2019
Na Pobra do Brollón seguen divulgando e coñecendo mellor o seu patrimonio. A ciencia, a veciñanza e a cultura únense no singular proxecto Adegas da Memoria. Trátase dun compendio de ideas encamiñadas a afondar e escavar na terra e na memoria e imaxinario da parroquia de Vilachá. Tamén nas orixes do que hoxe chamamos a Ribeira Sacra . Para tal aventura contan co apoio do CSIC e de máis de 16 investigadores en distintos eidos. Será unha convivencia da etnografía, a arqueoloxía, a edafoloxía e a creatividade audiovisual que prentende contar coa veciñanza dende o minuto un.
Concello