'O que levou o tren de Canabal':

Sober
15 Xuño 2020
Patrimonio
Lorena Gallardo/ Humberto Novoa
Nostalxia do que foi e beleza no que permanece. A localidade soberina de Canabal conserva latentes os signos dunha recente historia de viveza económica e social esmorecida, pero presente na memoria da veciñanza. Viva no ladrillo das antigas fábricas, nas rúas con nome colgante, na arquitectura vilega pouco propia dunha aldea rural, na chimenea industrial que xa non fumega e, sobre todo, no silencio que aínda rompen os trens que pasan pola emblemática estación de 1884. Canabal, unha ruta de patrimonio industrial, ferroviario e románico na Ribeira Sacra.
Concello