O Sacra Festival regresa para integrar artes e paisaxe

Ribeira Sacra
24 Abril 2019
Cultura
Redacción | 24 de abril de 2019
O Sacra Festival é un festival de artes multidisciplinar singular pola súa aposta sustentable e de integración cun territorio único: A Ribeira Sacra do Miño. Chega xa á súa terceira edición na procura da xeración de comunidade e convivencia das artes en espazos diversos coa incorporación de actividades relacionadas coa vitivinicultura. Divídirase entre os concellos de Chantada e O Saviñao dende o 31 de maio ata o 2 de xuño.
Disciplinas artísticas como a música, a danza, a fotografía, o cinema ou as artes escénicas compoñen un programa que propón 15 actividades en distintos escenarios como son algunas adegas da zona, espazos naturais e arquitecturas civís en abandono. Será un total de 13 artistas dirixidos e dirixidas pola bailarina Carlota Pérez, unha das impulsoras desta cita que acada neste formato a súa terceira edición e que ten como prioridade ser un encontro non masificado que respecta a realidade do contorno no que se celebra. O cartel reza nomes coma o de  Mercedes Peón, Baiuca, Jordi Cortés ou María Juncal entre moitos outros. Máis información, adquisición de entradas e abonos a través de www.sacrafestival.org.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra