O sector do viño celebra o Nadal cos premios mundiais á viticultura de montaña

Ribeira Sacra
13 Decembro 2019
Viño
Redacción | 13 de decembro de 2019
Días de mesa, reunión e viño para compartir son unha as esencias destas datas. O xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra armouse este ano en Chantada. O restaurante Casa Quinteliña albergou a cita na que se entregaron, ademais os galardóns ás adegas premiadas no Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes” que se celebrou no mes de xullo no Valle d´Aosta (Italia). Un ano máis os viños da D.O. Ribeira Sacra triunfaron neste certame. A D.O. Ribeira Sacra presentaba a esta edición do certame 51 mostras, 44 de tintos e 7 de brancos, pertencentes a 35 adegas e obtiña 19 premios O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, destacou que a Ribeira Sacra é un territorio e un proxecto conxunto no que se tenta deixar “caderno e bolígrafo para que a mocidade siga vivindo e traballando aquí e poida seguir escribindo a historia.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra