O sector hostaleiro, preocupado pola súa viabilidade, loita para evitar peches
Ribeira Sacra
28 Abril 2020
Turismo
Redacción | 28 de abril de 2020
O 77% das empresas hostaleiras da Ribeira Sacra están preocupadas pola súa viabilidade a medio e curto prazo. Sen embargo, confían en superar as expectativas de ocupación en agosto no caso de que se lles permita a reapertura. Queren levar os seus negocios adiante, a posibilidade do peche desbótase en xeral en restaurantes e aloxamentos e o 91% dos consultados tratará de sacar a súa empresa adiante sen considerar a posibilidade do peche ata o de agorahere
O 77% das empresas hostaleiras da Ribeira Sacra están preocupadas pola súa viabilidade a medio e curto prazo. Sen embargo, confían en superar as expectativas de ocupación en agosto no caso de que se lles permita a reapertura.
Queren levar os seus negocios adiante, a posibilidade do peche desbótase en xeral en restaurantes e aloxamentos e o 91% dos consultados tratará de sacar a súa empresa adiante sen considerar a posibilidade do peche ata o de agora. O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ven de publicar o resultado dun formulario encamiñado a medir as consecuencias da crise do Covid- 19 entre o sector dos aloxamentos e restaurantes deste destino turístico. Participaron un total de 65 establecementos e estas son as conclusións.
O perfil maioritario das empresas participantes son autónomos cun ou dous traballadores, sendo o 44% dos mesmos traballadores por conta allea. As empresas deste estudo aséntanse en Monforte de Lemos, Sober, Parada de Sil, Quiroga e Pantón e para o 52% a actividade turística é a única fonte de ingresos.
Entre as conclusións que destaca esta entidade é que no 26% dos casos, os emprendedores manteñen contratos de aluguer e case a metade conseguiu facilidades dos arrendatarios para afrontar o pago mentres non se reactiva a actividade. Doutra banda, o 45% das empresas teñen en vigor unha hipoteca e o 55% delas non puido negociar unha moratoria.
No que se refire aos traballadores por conta propia o 76% solicitaron a prestación extraordinaria por cese de actividade e foilles concedida a 8 de cada 10. En canto ás medidas laborais tomadas polos empresarios, os empregados foron nun 92% adheridos a un ERTE e polo momento os despidos representarían unha pequena parte dos casos.
Doutra banda máis do 60% das empresas non solicitou axudas económicas vencelladas ao COVID-19. O 22% dos que si o fixeron optaron polas liñas ICO. Hai certa satisfacción cos procedementos, pero non resolven os problemas dos que piden esas axudas, segundo manifestan. Os que non se adheriron a ningunha liña é porque non precisan dela polo momento ou porque non reunen os requisitos.
Mentres ocorre todo isto manifestan que sería positivo invertir o tempo de parón en estratexias promocionais para cando todo isto remate. Algúns optan por formarse fano en márketing e redes sociais.
Como datos económicos das perdas, de media as empresas estiman que deixaron de facturar 433 euros por día dende o decreto do Estado de Alarma ata o final de Semana Santa, e 277 euros por día entre o 14 de abril e o 30 de xuño de manterse a paralización da actividade.
O turismo rural e a restauración son os sectores nos que hai un maior número de negocios que deixaron de facturar ata Semana Santa 220 euros e 1.211 euros respectivamente, e 137 euros e 664 euros dende o 14 de abril ao 30 de xuño.
Concello
Ribeira Sacra