A viticultura da Ribeira Sacra fronte ao cambio climático

Pantón
21 Marzo 2019
Viño
Redacción | 22 de marzo de 2019
O cambio climático preocupa na Ribeira Sacra. As consecuencias da seca, da suba das temperaturas e das mundanzas nas pragas que afectan á vide xa parecen estar aquí pese a que se perciben lentamente polos viticultores e viticultoras. Este tema ocupou a un gran número de profesionais e outras persoas relacionadas doutros xeitos coa produción de viño neste territorio durante unha xornada celebrada no edificio sociocultural de Pantón. Foi nun encontro organizado dende o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra- Courel no que tivo moito que ver o Consello Regulador da D.O. Xente experta de Galicia e da investigación en universidades españolas e organismos internacionais relacionados co viño analizaron as claves desta realidade e os xeitos de atallala entre as muras.
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis