O XIV Festival Pórtico do Paraíso espallará a música pola Ribeira Sacra

Nogueira de Ramuín
4 Maio 2021
Cultura
Redacción | 5 de maio de 2021
O XIV Festival Internacional de Música  Pórtico do Paraíso terá como escenario a Ribeira Sacra. Foi presentado esta semana a bordo  dun catamarán nos canóns do Sil coa actuación musical de Celia González. Santo Estevo de Ribas de Sil, San Pedro de Rocas e Xunqueira de Espadanedo acollerán cadanseu acto xunto coa igrexa de Santiago das Caldas e o Teatro Principal de Ourense. Do 4 ao 13 de xuño sucederánse nestes contornos as actuacións de Lareverdie, Daniel Ligrio, Forma Antiqva e Iñaki Aberdi xunto coa proxección de Nebra. Máis información na web porticodoparaiso.com
Concello