Once medallas de ouro para Ribeira Sacra no Mondial des Vines Extremes

Monforte de Lemos
18 Decembro 2020
Viño
Redacción | 18 de decembro de 2020
Dez adegas da Ribeira Sacra recolleron na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe as once medallas de ouro que este ano destacaba o certame internacional de viños de montaña que se celebra no Val de Aosta, en Italia. O Mondial des Vins Extremes tivo lugar en agosto e é tradicionalmente ás portas do Nadal cando o sector vitivinícola se reúne no noso territorio e aproveita para recoller os galardóns que destacan a calidade dos viños con viticultura en montaña ou forte pendente no ámbito mundial.
O certame internacional de viños de montaña e viticultura en forte pendente nacía case á par que se xestaba unha Denominación de Orixe para os Viños da Ribeira Sacra, e a continua participación das adegas desta área no concurso foi traendo alegrías ano a ano.

O presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, dirixía este venres a tradicional entrega de premios do Mondial des Vins Extremes ás portas do Nadal. Foron 10 adegas e un total de 11 viños os que recolleron medalla de ouro nesta última edición do concurso, unha cita que Rodríguez cualificou de especial relevancia ao ser a Ribeira Sacra unha das zonas produtoras máis representativas deste tipo de cultivo. Non se perdeu ocasión para facer fincapé en que a actividade do viño é esencial nestes territorios para manter paisaxe e incluso asentar poboación e ser o xerme do turismo “ non podemos esquecer que todo comezou co viño”.

A D.O. Ribeira Sacra presentou desta volta 64 mostras, 53 delas de tintos e 11 de brancos dun total de 36 adegas. E as 11 medallas de ouro recaeron nos seguintes viños:

 

Medalla de ouro, Categoría Viños Brancos colleita 2019:

-Viña Garoña de Adegas Viña Garoña S.L.

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos colleitas 2019 e 2018:

- Os Cipreses 2018 de Rabelas S.L.

-Acrivro 2018 de Adegas Salvadur S.L.

-Garoubas 2018 de Fidel Gallego Carreira

-Ciudaseis Pedras Altas barrica 2018 de María Gloria Alvarín Losada- Abadía da Cova Xuño 2018 de Adegas Moure S.A.

-Finca cuarta 2019 de Rubén Moure Fernández

 

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos Vendimas 2017 e anteriores:

-Finca La Capitana 2014 de Regina Viarum S.L.

-Adega Barbado 2017 de Javier Méndez Arias

-Finca Cuarta 2017 de Rubén Moure Fernández

-Alcouce 2014 de Chao do Couso S.L.

 

Concello