Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 25 de outubro de 2019
As Denominacións de Orixe vitivinícolas de España están concentradas na Ribeira Sacra coa XXIV Asemblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas ( CECRV). Significa isto a presenza dun 98% de representantes do viño con D.O. en España que suman ademais o apoio á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. O acto central tivo lugar en Monforte de Lemos coa elección da nova xunta directiva, que queda presidida novamente por David Palacios, da D.O. Navarra. Os representantes destas áreas coñecen a pé unha parte das ribeiras do Sil e do Miño nunhas xornadas nas que o Consello Regulador da Ribeira Sacra aproveita para amosar e promocionar o territorio e poñelo no foco da actualidade do sector.
Concello