Pantón pón no foco o seu patrimonio cultural coas xornadas da Rota do Románico

Pantón
4 Xuño 2019
Patrimonio
Redacción | 4 de xuño de 2019
Pantón leva máis de tres décadas traballando pola posta en valor do seu patrimonio románico. A concentración arquitectónica de monumentos eclesiásticos convive cun patrimonio civil de presenza incontestable ao que se suma a creación literaria e artísica que conleva toda esta impronta cultural de séculos. Música, andainas e as tradicionais charlas divulgativas sobre aspectos moi diversos estarán presentes nunha nova edición das Xornadas Rota do Románico de Pantón que se presentaron na capela de Augas Santas e que se prolongarán deica o 3 de agosto.
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis