Pazo de Cartelos: o señorío dos carballos

Carballedo
8 Xullo 2020
Patrimonio
Lorena Gallardo e Humberto Novoa | 8 de xullo de 2020
Carballedo é terra de carballos como nos contan a propia vista ao pasar por calquera recuncho destas terras, o propio nome e escudo do municipio e tamén a longa historia do Pazo de Cartelos.Tra-los muros desta finca de 65 hectáreas,e nun pazo con orixes no século XII, permanece un patrimonio único que nos fai viaxar ao longo da historia de Galicia. A súa principal testemuña está nesta reserva natural e é unha árbore: o Carballo Grande. No contorno dos 2.000 anos de idade, é símbolo desta devesa e do legado das estirpes nobres desta, con gran sensibilidade por preservar o patrimonio natural. Así o deixou por escrito José Luis Taboada García, o último señor de Cartelos.
Concello
Concello Carballedo
Carballedo Saber máis