Pena do Castelo, unha ollada de altura sobre o Sil

Sober
10 Xuño 2019
Turismo
Redaccion | 10 de xuño de 2019
Case imposible non sacar a cámara para inmortalizar unha das vistas máis memorables sobre o río Sil na Ribeira Sacra. Na parroquia de Doade, en Sober, a uns 600 metros de altura e rodeado de adegas que arrecenden aos coñecidos viños de Amandi chegamos ao miradoiro da Pena do Castelo. Acondicionado recentemente reúne novas estruturas ben integradas na paisaxe e asentadas nun alto privilexiado no que houbo vida castrexa. A ermida de San Amaro, de recente construción, quere ser testemuña da que alí se tería asentado en tempos en hora ao mesmo santo e adoita coarse nunha das fotografías máis senlleiras e habituais que plasman o caracter da Ribeira Sacra.
Concello