Presentación 38ª Feira do Viño de Chantada

Chantada
28 Febreiro 2020
Viño
Redacción | 28 de febreiro de 2020
Chantada celebra os días 6, 7 e 8 de marzo a Feira do Viño. Trátase da primeira cita cos viños da última colleita na Ribeira Sacra e como cada ano o Concello de Chantada e a organización de adegueiros e profesionais do viño teñen preparadas actividades clásicas da cita como a música e a animación, a poxa de gando frisón, a feira de oportunidades do comercio local e produtos artesanais e a xa consolidada cata popular. Desta volta tamén haberá xogos para as nenas e os nenos a cargo dunha empresa especializada e novidades profesionais como un túnel do viño dirixido principalmente a persoas da hostalería e do mundo do viño e a amantes da vinicultura. Todos os detalles do programa aparecen reflectidos na web do Concello de Chantada e nas súas redes sociais.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis