Presentación da candidatura da Ribeira Sacra ao Comité da Unesco no Museo do Prado

Ribeira Sacra
8 Xuño 2021
Patrimonio
Redacción | 8 de xuño de 2021
Pese á súa retirada tra-lo desfavorable informe e recomendacións do ICOMOS que transcendeu nestes días, hoxe foi presentada ante os embaixadore/as do Comité da Unesco no Museo do Prado de Madrid a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Isto simbolizaría, para o goberno da Xunta, “ o primeiro paso na nova etapa da candidatura”, segundo explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, nun acto no que estes/as representantes “puideron coñecer o traballo técnico realizado así como o labor de posta en valor a conservación desta paisaxe cultural”.
Pese á súa retirada tra-los desfavorable informe e recomendacións do ICOMOS que transcendeu nestes días, a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial foi presentada este martes ante os embaixadores/as do Comité da Unesco en Madrid, un órgano do que forman parte 21 países, no Museo do Prado de Madrid.

Isto simbolizaría, para o goberno da Xunta, “ o primeiro paso na nova etapa da candidatura”, segundo explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, nun acto no que estes representantes “puideron coñecer o traballo técnico realizado así como o labor de posta en valor a conservación desta paisaxe cultural”.

Neste marco no que tamén participou o embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló, o titular de Cultura salientou que tras a decisión de facer un “aprazamento estratéxico da candidatura atendendo ás avaliacións e informes de Icomos, Xunta e Estado mellorarán todo o que sexa preciso para dar o último paso con toda a forza e conseguir o si definitivo”.

“manteremos vixente o compromiso”, sinalou o representante do Goberno Galego que dixo que o obxectivo compartido co Goberno do Estado é intensificar o traballo da candidatura e seguir avanzando para facer da Ribeira Sacra “un territorio máis vivo, mellor coidado e máis recoñecido en todo o mundo”. “A decisión de pospoñer os trámites finais é unha oportunidade para fortalecer o noso traballo e mellorar algúns aspectos para que poidamos acreditar, coas máximas garantías, os valores excepcionais da Ribeira Sacra”. Para iso, tal e como apuntou,   apostarase por facer “as cousas ben, como ata agora, para chegar seguros e con paso firme e decidido á valoración final”.

No evento tamén participaron a directora xeral de Bellas Artes do Ministerio de Cultura, María  Dolores  Jiménez-Blanco e  o director  de  Relacións   Culturais  e Científicas   da   Axencia   Española   de   Cooperación   Internacional   para   o Desenvolvemento, Guzmán Palacios Fernández en representación do Ministerio de Asuntos Exteriores. 

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra