Presentan en Pantón o festival Trece Roeis. música, gastronomía e obradoiros no Castro de Ferreira

Pantón
13 Agosto 2019
Cultura
Redacción | 13 de agosto de 2019
Espazo musical, gastronómico, de actividades infantís, artesanía e coa ollada posta no contorno patrimonial e paisaxístico: iso é o Trece Roeis Fest que se celebrará no Concello de Pantón esta fin de semana. O número de roeis que contén o escudo do municipio pón nome a esta nova cita e colectivo. A #RibeiraSacra festivaleira reactívase o 17 de agosto en Ferreira, nun evento que pretende ir máis aló e que contará con actuacións como as de Heredeiros da Crus Cuarta Xusta, Rosa Cedrón Oficial e Emilio Rúa , RUXE RUXE ou CoolFlanders. Os concertos son de balde e a programación foi presentada estes días no Pazo de Ferreiroá.
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis