Presentan un libro sobre o Folión de Carros de Chantada

Chantada
18 Agosto 2021
Patrimonio
Redacción | 19 de agosto de 2021
Unha publicación arredor do Folión de Carros reuniu na rúa de Chantada a un xeitoso grupo de persoas que quixeron apoiar esta iniciativa do colectivo Amigos do Folión. O libro 'Folión de Carros. Patrimonio Cultural de Chantada' contén textos e imaxes sobre esta manifestación cultural que reúne cada ano á veciñanza en torno ao pasado, a historia e a etnografía do municipio, tanto con historias vilegas como do rural. Está á venda nas librarías Central, Mago e Besbello e é unha acción máis para manter viva a gran festa chantadesa.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis