Primavera adiantada para pensar

Ribeira Sacra
24 Febreiro 2020
Sector Primario
Redacción | 24 de febreiro de 2020
Neste medio e final do mes de febreiro estamos a vivir, sobre todo a carón da natureza, unha autentica primavera que florece. As primeiras flores, as primeiras árbores en flor e os primeiros brotes na ribeira sacra aledan a vista e os días xunto a unhas temperaturas agradables e o sol de inverno que acompaña. Sen embargo, esta premura preocupa certamente, non só aos agricultores que ven mudar os ciclos das colleitas e temen que o regreso das baixas temperaturas estrague as producións, senón tamén á sociedade en xeral. Reflexionamos sobre ese cambio climático e os efectos no medio ambiente e non podemos evitar relacionalo co fenómeno que estamos a vivir estes días. Por se o caso, quixemos recoller unhas imaxes desta primavera adiantada.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra