Concellos
Data inicial
Data final
O proxecto Patrimonio e Turismo Inclusivo na Ribeira Sacra concluiu as súas actividades en Pantón. Patrocinado polo programa o teu Xacobeo e dirixido polo Ateneo de Pontevedra incluíu unha serie de accións de investigación e formación durante os últimos meses co obxectivo de comezar a avaliar a accesibilidade aos recursos turísticos na zona; formar e sensibilizar aos sectores implicados no turismo e á propa veciñanza e crear materiais piloto como unha guía práctica para un turismo inclusivo, ou diferentes maquetas destinadas a amosar o patrimonio a persoas con distintas capacidades desenvolvendo unhas visitas e unha acollida máis sensorial e integral.
Escoita a entrevista con Xaime Domínguez Toxo, coordinador desta iniciativa.
Concello
Pantón
Saber máis