Concellos
Data inicial
Data final
Proxectos agroecolóxicos e culturais por un rural con futuro
Chantada
22 Setembro 2018
Sector Primario
Redacción | 22 de setembro 2018
Garabelos en Mariz foi o espazo de acollida do II Festival Son Labreg@. A boa experiencia da primeira edición en Sarria fixo que a mocidade do Sindicato Labrego Galego apostase por volver celebrar este encontro cuxo principal obxectivo é compartir experiencias produtivas e reprodutivas de vida no rural. Ao longo do día desenvolvéronse palestras, unha feira de alimentos e artesanía e diversos obradoiros e actuacións musicais. A principal reivindicación dos e as asistentes foi a necesidade de que a Administración conecte coa realidade labrega e deixe de apostar por un modelo agrícola produtivista e industrial. Foron moitas as experiencias que se compartiron. Dan conta de que o rural é un espazo de posibilidades, de presente e de futuro.
---------
CRÉDITOS
Música:
-Atrás Tigre - Tempo mecánica (CC BY-NC 3.0)
-Ataque Escampe - Vista Alegre Social Club (vol. 2) (CC BY-NC-SA 3.0)
-Oh! Ayatollah - Volve a canción protesta (CC BY-NC-ND 3.0)
Concello

Chantada
Saber máis