Reforzo do grupo de traballo da candidatura da Ribeira Sacra ante a Unesco

Os novos membros que traballarán na reformulación da
candidatura son Isabel Aguirre, directora da Escola Galega de Paisaxe da
Fundación Juana de Vega; Felipe Criado, director do Instituto de Ciencias do
Patrimonio (INCIPIT) do CSIC; Lorenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia
Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, e Rubén Lois,
catedrático de Análise Xeográfica Rexional da Universidade de Santiago de
Compostela.
O conselleiro Román Rodríguez sinalou que este novo grupo
supón “un paso imprescindible na vía de diálogo con Icomos, órgano asesor da
Unesco” e por outra banda “marca un punto de inflexión na candidatura porque
permitirá revisar o expediente e seguir avanzando co máximo rigor e calidade
para conseguir que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial”.
Outra das intencións que declaran dende o Goberno galego é
que agora se vai “ntensificar o contacto coas administracións implicadas así
como cos propios veciños.
