Reitores de universidades europeas e americanas no Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra

Chantada
11 Outubro 2019
Turismo
Redacción | 11 de outubro de 2019
Os reitores e representantes de 25 universidades de 9 países europeos e americanos apoiaron hoxe á paisaxe cultural da Ribeira Sacra no seu percorrido cara á inclusión da mesma na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. Foi no marco da Declaración Solemne Ribeira Sacra de Reitores no Camiño de Santiago, un evento organizado polo Grupo Compostela de Universidades e a Xunta de Galicia que hoxe se desprazou á Ribeira Sacra. A comitiva percorreu, a xeito de peregrinaxe un tramo do Camiño de Inverno entre Diomondi e a adega Vía Romana, en Belesar, onde tivo lugar a sinatura do manifesto. No acto participaron asemade, representantes institucionais da Xunta e das deputacións e municipios da Ribeira Sacra.
Os reitores apoiaron hoxe á paisaxe cultural da Ribeira Sacra no seu percorrido cara á inclusión da mesma na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. Foi no marco da Declaración Solemne Ribeira Sacra de Reitores no Camiño de Santiago, asinada inicialmente polo presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kreglewski, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e ratificada polos representantes das universidades presentes no Encontro Internacional de Reitores no Camiño de Santiago. Un evento congresual organizado polo Grupo Compostela de Universidades e a Xunta de Galicia. O conselleiro de Cultura  sinalou que se busca traballar desde o eido da educación superior no establecemento de accións en prol da consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable propostos pola Organización de Nacións Unidas. O documento foi asinado esta mañá na adega Vía Romana, en Chantada, despois de que os reitores e varios representantes da Xunta, das deputacións de Lugo e de Ourense e dos concellos da comarca completaran un tramo da ruta de inverno entre Diomondi e a Ermida. Entre as medidas da Xunta para dinamizar este Camiño está a sinalización axeitada do percorrido, que se realizará en 2020 no marco do Plan Estratéxico do Xacobeo 21.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis