Concellos
Data inicial
Data final
Lorena Gallardo/ Humberto Novoa | 24 de maio de 2019
Os Conventos de Vilachá, na Pobra do Brollón, gardaban un
segredo baixo as viñas. Por algo lle chamaban así a este misterioso lugar no
Val do Frade. Foi sempre un lugar simbólico e enérxico, e así parece demostralo o achado
dun enterramento humano presumiblemente prehistórico que fan adiviñar os restos óseos
que apareceron no recuncho máis discreto, no último día e no último momento da escavación arqueolóxica de Adegas da Memoria. Dirixida por Xurxo Ayán, durante un par de semanas de 'arqueoloxía heroica' nuns poucos metros cadrados, o equipo deu con vestixios claros do
asentamento do posible mosteiro medieval perdido; pero seguramente todo
empezara moito antes mirando ao Sil.
Concello