Ruta da Curuxeira: sendeirismo de outono en Pantón

Pantón
21 Outubro 2020
Viño
Patrimonio
Turismo
Deporte
Lorena Gallardo / Humberto Novoa 21 de outubro de 2020
Os camiños ás veces escóllense e volverían andarse unha e outra vez. Entrecrúzanse con outros,  e non sempre as pedras que neles aparecen son obstáculo para que tropecemos, senón patrimonio para que aprendamos. Nalgúns camiños hai moito verde para a esperanza, moita auga para a vida e tamén neles nace o viño e a poesía. Camiñar no outono esperta todos os sentidos e iso foi o que nos pasou na Ruta da Curuxeira, en Pantón, coa axuda dun guía que pisa con coidado sobre a cultura e a paisaxe que nos rodea.
Vés connosco? Son apenas 4 quilómetros!
Comezamos pola singular igrexa románica, ou case seguro, con orixes anteriores de Santiago de Cangas. De parada obrigatoria a fonte de Augas Férreas de caracter medicinal e tamén a ponte que atravesa o regato que dá nome a este sendeiro. Outro respiro na parroquia de Espasantes, no seus viñedos cara o canón do Cabe e nas súas construccións que fan aldeas aínda cheas de vida. Ao regreso ollada calma nos muros de pedra seca, arte dos antepasados, e cheos de segredos. Froitos e cores de outono nun paseo accesible para calquera camiñante.

Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis