Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 18 de xuño de 2020
San Pedro de Bembibre é unha desas xoias do románico rural da #RibeiraSacra. Asentada na parroquia taboadesa homónima, ten pouca distancia no espazo co Pazo que hai uns días coñecemos, berce dos Condes de Taboada. Á primeira vista do templo vanse os ollos á portada principal, con arquivoltas decoradas, que adianta a valía e fermosura da arte que alberga no seu interior e digna da contorna que a aperta e que probablemente fala dun anterior cenobio. Descubrámola!
Concello

Taboada
Saber máis