'Se queres un Ribeira Sacra, pídeo', campaña de venda e consumo do sector do viño

Ribeira Sacra
29 Abril 2020
Viño
Redacción | 29 de abril de 2020
O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fai un chamamento aos consumidores e ás consumidoras para que aposten polos viños galegos con denominación de orixe. Tamén convida ás adegas amparadas por este organismo que non teñen servizos on line a chegar á clientela a distancia a través da propia web oficial www.ribeirasacra.org. Trátase dos viños galegos con denominación máis vendidos no supermercado dende o inicio da crise sanitaria do COVID-19, pero ,con todo, o peche da hostalería prexudicou ao sector no que se refire ás ventas.
O Consello Regulador dos viños da D.O Ribeiera Sacra móvese para paliar a crise de vendas no sector. Ante todo, reiteran que non se trata dun produto estacional e isto faino algo menos vulnerable, unido a que existe unha porcentaxe dedicada á exportación.

Por isto, no territorio segue a desenvolverse o traballo nas viñas conforme ás directrices sanitarias e o taballo técnico acométese baixo as normativas establecidas. Os viños desta zona están a ser os viños galegos máis vendidos nos supermercados, pero a incerteza tamén está presente coas limitacións do sector da hostalería, que iniciará a progresiva apertura coa anunciada fase de lenta desescalada. Pero é preciso fomentar medias, e neste momento as adegas da D.O. dispoñen dalgúns medios para poder seguir vendendo viño: a través das súas propias páxinas web, por comercio electrónico ou mediante envíos con pedidos directps a través do teléfono ou do mail.
Na web do Consello Regulador aparece información das adegas e contacto para acceder a elas e deste xeito coñecer a maneira en que os consumidores e as consumidoras poden solicitar os seus viños a distancia.

O organismo regulador fai un chamamento á cidadanía  para que aposte polos viños galegos con Denominación de orixe. Ao tempo, convida ás adegas que non teñen servizos on line e queren chegar ao cliente , a que o comuniquen ao Consello para centralizar esta información dende a web oficial www.ribeirasacra.org

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra