Sesión de 'Cine para coidar a terra' no Palleiriso

Chantada
10 Setembro 2019
Cultura
Lorena Gallardo | 10 de setembro de 2019
 Hai moitas formas de coidar a terra se queremos facelo. Unha delas é a través do cinema e do audiovisual e iso demostrouse na segunda xornada de Cine para Coidar a Terra, que non podía celebrarse noutro lugar distinto ao Cinema Palleiriso, con todo o que este recuncho de soños e de amor pola natureza, representa. Anxo Moure e a Federación de Cineclubes de Galicia armaron unha sesión inesquecible con proxeccións, estreas de documentais, convivencia no almorzo e xantar comunitario, presentación de proxectos de produtores locais, obradoiros creativos de cinema para todas ... Oportunidades para falarmos, coa presenza de diversas plataformas veciñais en defensa do medio en Galicia e ata un espazo para presentar os traballos desta nosa Canle Ribeira Sacra, que tamén quere coidar da terra co seu gran de area en forma de contidos audiovisuais.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis