'Siltake' ecolóxico para consumo de proximidade

Castro Caldelas
12 Outubro 2018
Economía
Redaccion | 23 de xullo  de 2018
O fungo Shiitake é orixinario do leste de Asia e é un dos máis antigos da humanidade. O seu cultivo extensivo en ecolóxico chega a Castro Caldelas a través de Beatriz Rey. Esta bioquímica leva anos estudando as potencialidades terapéuticas de complementos alimenticios a base fungos para o sistema inmunolóxico humano. Hai un tempo que apostou pola vida rural e emprendeu un proxecto produtivo chamado Siltake. Aproveitando as condicións climatolóxicas deste recuncho da Ribeira Sacra e dentro de máis de mil troncos de carballo e castiñeiro Beatriz cultiva este fungo de xeito tradicional, ecolóxico e apostando por unha rede de distribución local.
Concello