Sober faille unha festa a tradicional rosca de Millán

Sober
12 Agosto 2019
Economía
Redacción | 12 de agosto de 2019
Non pode faltar en ningunha casa polo día da festa: é a rosca de Millán ou rosca de Sober. Fariña, ovos e azucre son a base para este afamado doce, que non é tan doce, e que ten como base case imprescindible a coción no forno de leña. Hai unhas décadas as rosqueiras e rosqueiros aínda viaxaban polas feiras da contorna e facían negocio con esta especie de pan azucarado que as familias buscaban como perfecto acompañante do queixo, pero acepta ducias de maridaxes. Hai case un cuarto de século que en Sober quixeron revivir e divulgar este manxar local e agora reúnen aos rosqueiros e rosqueiras que manteñen a tradición nunha gran festa que se celebra pola feira mensual do 12 de agosto.
Concello