Equipos de desinfección para todos os concellos da Ribeira Sacra

Sober
20 Marzo 2020
Social
Redacción | 20 de marzo de 2020
O Concello de Sober entregará a todos os concellos da Ribeira Sacra, os 25 de Lugo e Ourense, e de balde con sulfatadoras de alta presión e máscara protectora para axudar aos concellos veciños nas tarifas de limpeza e desinfección dos espazos públicos que están levando a cabo como consecuencia da propagación do coronavirus.
O Concello de Sober xestionou coa empresa local PulviPlass Ibérica a entrega gratuíta de sulfatadoras de alta presión con diversos tipos de boquillas e máscara protectora para entregar en todos os Concellos da Ribeira Sacra. Segundo informaron esta mañá a través dunha nota de prensa,  dende o goberno local quixeron así axudar aos concellos veciños nas tarifas de limpeza e desinfección dos espazos públicos que están levando a cabo como consecuencia do coronavirus. O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que desde hoxe mesmo lle farán entrega dos equipos, que levan por nome Sober, aos concellos da Ribeira Sacra para que poidan empezar a empregalos canto antes, como así o vén facendo a localidade desde que se decretou o estado de alarma. A entrega farase nos 25 concellos que pertencen á Ribeira Sacra das provincias de Lugo e Ourense. A partir de agora disporán de máquinas de alta presión con xogo de boquillas, unha dobre especialmente indicada para desinfección. O reparto vai facerse a través dos GES e Grupos de Protección Civil da Comarca, que colaborarán co Concello de Sober nesta iniciativa.

Concello