Superado un novo desafío na beira do Miño

Chantada
24 Novembro 2019
Deporte
Redacción | 25 de novembro de 2019
Desta volta o Desafío Vía Romana triunfou no formato de trail. Os corredores e corredoras desafiaron as pendentes, a auga e todo o que se puxo por diante nunha dura proba de tres distancias de trail e unha andaina deseñadas polo Club Atletismo Chantada e maila adega Vía Romana  coa axuda da veciñanza un ano máis. As beiras do Miño entre Chantada e o Saviñao na súa paisaxe outonal convenceron a máis de 300 deportistas de todos os niveis. O gañador absoluto do trail longo, de nada menos que 28 duros quilómetros, foi Emilio Montilla, e na categoría feminina a número 1 do podio foi  María Ferreiro.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis