Taboada incorpora o servizo de xantar na casa
A comida repártese nas vivendas nunha única entrega para todos os días da semana, incluídos sábados, domingos e festivos; polo que soamente hai que quentala antes de consumila. Aos destinatarios tamén se lles facilitan os electrodomésticos que precisen no caso de que carezan deles, como neveira e microondas.
Ademais de
ofrecer uns menús sans, a través desta iniciativa é posible facer un seguimento
individualizado, previr posibles incidencias e actuar con celeridade ante
calquera incidencia.
Son os servizos
sociais municipais os que se encargan de seleccionar as persoas beneficiarias.
Pola súa banda, a Xunta financia o 50% do custe da comida e o resto asúmneo, a
partes iguais, os concellos e os beneficiarios.
Coa incorporación
de Monfero e Taboada, son 190 as localidades de toda Galicia adheridas ao
Xantar na casa, co que se atende diariamente a 1745 persoas.