'The making of', unha novela para a conversa

Chantada
23 Novembro 2018
Cultura
Redacción | 23 de outubro de 2018

O escritor  Xavier Alcalá e quen da nome a un dos personaxes da súa última novela,  o chantadino José Manuel (Cuqui) Silva, conversan amplamente nesta entrevista arredor da que o propio autor refire como unha historia da historia. Así, o como se fixo ou ‘The making of’ é o título do último libro no que entra en xogo a investigación sobre unha parte da historia non tan coñecida dos círculos de apoio ao Terceiro Reich pola zona da Patagonia. A historia dun emigrante galego por esas latitudes e as súas vivencias entre a delincuencia, a picaresca e a supervivencia entre outros moitos factores que compoñen, para un destes dous conversadores, “unha das mellores obras de Alcalá”. No vídeo asistimos a un diálogo sobre literatura, sobre a vida e sobre os aconteceres e, en definitiva, á charla entre dous amigos, dos de sempre, no día no que a novela foi presentada en Chantada.

 

Agradecementos:

Hotel Mogay

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis