Un acto cultural reivindica en Pesqueiras o coidado do románico

Chantada
21 Agosto 2019
Patrimonio
Redacción | 21 de agosto de 2019
Dende o ano 2012 vense celebrando na igrexa de Santa María de Pesqueiras, en Chantada, un acto cultural co fin de reivindicar, a través da arte e das expresións culturais, o coidado e protección para o patrimonio e o acceso da poboación aos monumentos. A asociación Amigos do Románico dea comarca de Chantada é a impulsora deste encontro,que desta volta tamén tirou do humor de Celso F. SanMartín e da música do Tricole para encher de contido o acto de Pesqueiras. Tamén tivo lugar un obradoiro de pintura ao tempo que se achegou á veciñanza a este singular templo románico cuxas destacadas pinturas murais son unha das mellores xoias da Ribeira Sacra, unido ao feito de atoparse nun enclave natural de excepción.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis