Un brinde a bordo polos viños con orixe Ribeira Sacra

Nogueira de Ramuín
14 Maio 2019
Viño
Redacción | 11 de maio de 2019
O 11 de maio celebrouse o terceiro Día Movemento Viño D.O. no que se realiza un brinde simultáneo e colectivo polo viño con Denominación de Orixe. Milleiros de persoas participaron dende distintos puntos do estado  cun brinde conxunto 29 en denominacións de orixe. A D.O. Ribeira Sacra fíxoo nun catamarán polo río Sil contando con adegueiros, membros do Consello Regulador, representantes das diferentes administración e medios de comunicación. Maridaxe e música en directo de Ad Heyra Liti foron o conxunto perfecto para un acto especialmente dedicado á mocidade co fin de que descubran os viños con orixe e a cultura do viño. As redes sociais tiveron moito que ver.
Concello