Un espazo para pensar sobre o rural: Xornada sobre ecofeminismos e rural

Ribeira Sacra
28 Marzo 2019
Social
Redacción | 28 de marzo de 2019
Conectar o mundo académico e a realidade do mundo rural galego. Esta é a filosofía da Rede Revolta na que están inmersas universidades e grupos de investigación arredor da agroecoloxía. Desta volta celebraron en Lugo as Xornadas sobre Ecofeminismo e Rural. Aquí reivindicáronse ideas que emocionan e que vos contamos nesta peza que fixemos movendo os marcos da Ribeira Sacra. Apropiámonos dalgunha delas: rachar coas as imaxes equívocas do rural e construír unha nova narrativa tendo en conta un rural diverso e contando con quen o habita. En Galicia máis da metade son mulleres. Elas teñen (temos) que ter voz na construción dun novo modelo que comeza polo diálogo, parte do feminismo e ten como motor a ecoloxía contra esa fotografía recorrente do rural baleiro.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra