Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 29 de novembro de 2019
Un estudo sobre A comarca de Chantada no século XVIII, centrado fundamentalmente na economía e na sociedade mereceu o XIII Premio de Investigación Condado de Pallares. Claudio Otero Eiriz, Tamara González López e Xosé Méndez Pérez son tres chantadinos, investigadores en distintas materias e autores deste traballo premiado pola asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. O certame é pioneiro na provincia e pretende poner en valor estudos sobre as terras que, en tempos, integraron o Condado. O acto de entrega do galardón tivo lugar o 29 de novembro no Concello de Taboada, unha das entidades colaboradoras con esta iniciativa xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Dirección Xeral de Políticas Culturais, Deputación de Lugo, os concellos de Guntín e Chantada, GDR Comarca de Lugo e Caixa Rural Galega.
Concello

Taboada
Saber máis