Un libro para entender Galicia

Chantada
4 Xullo 2019
Cultura
Redacción | 8 de xullo de 2019
"Fuga e retorno de Adrián Solovio é un deses grandes libros que che permite entender Galicia sen moverte do sofá da casa". Nin menos, nin máis. Con estas verbas condensaba o escritor e lector chantadino Pablo Rubén Eyré a obra do historiador Ramón Villares, que foi presentada  no Casino de Chantada a comezos deste mes co gaio da súa reedición nun acto da Irmandade Cultural País do Faro. A través do protagonista e das páxinas de 'Arredor de si', novela de Otero Pedrayo, o historiador lucense recupera o seu discurso de entrada na Real Academia Galega, pero amplíao nun ensaio vencellado á construción do pensamento galeguista moderno. Un libro que tamén é "unha maneira de explicar ou intentar comprender o mundo" nun momento no que dá gusto ver como nunha pequena vila do interior de Galicia hai veces que aínda se enche unha sala para arrimarse á historia e á cultura escrita en papel.

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis