Un paseo polos Muíños do Xabrega

Sober
14 Novembro 2018
Patrimonio
Redacción | 14 de novembro de 2018
Sobran as palabras para achegarnos timidamente á experiencia dunha ruta de sendeirismo polos muíños do Xabrega, en Sober. Natureza, etnografía, historia, e maxia seguen tamén a corrente deste regato salpicado por antigos muíños, moitos deles moi ben recuperados.

Entre a aldea da Boca e a desembocadura do regato Xabrega no río Sil, en Sober, había en tempos 28 muíños e dous batáns.

Hoxe, seguir o curso do regueiro deica os Chancís é toda unha experiencia etnográfica e natural grazas á recuperación de boa parte deles. O de Roque de Arroxó, os de Nemesio da Boca, os do Chucán do Couto e moitos outros van irrompendo neste singular paseo onde se poden contemplar os chamativos caneiros que conducían a auga que movía boa parte do alimento e actividade económica neste recuncho da Ribeira Sacra.

Restos dunha calzada romana, o máxico e relaxante son da auga que corre, os muros de pedra e as rodas que xiran son unha viaxe ás noites e días nos muíños que tantos segredos agochan.

Concello