Un Plan Estratéxico para a paisaxe e o urbanismo na Ribeira Sacra

Ribeira Sacra
12 Setembro 2019
Patrimonio
Redacción | 12 setembro de 2019
Hoxe coñecemos algo máis do anunciado plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra da Xunta de Galicia. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, dixo que isto axudará ás candidaturas deste territorio como Patrimonio Mundial e Reserva da Biosfera. A idea, sobre todo,  é o investimento en plans de mellora paisaxística, ambiental e urbanística e a regulación das intervencións que se vaian facer no territorio protexido. O plan contará en termos económicos cun investimento de algo máis de 3,5 millóns de euros en 10 medidas ou propostas de actuación.
Hoxe coñecemos algo máis do anunciado plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra da Xunta de Galicia. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, dixo que isto axudará á candidatura deste territorio como Patrimonio Mundial e Reserva da Biosfera. A idea é a mellora paisaxística, ambiental e urbanística e a regulación das intervencións que se vaian facer no territorio protexido. O plan contará en termos económicos cun investimento, segundo anunciou o titular da Xunta de algo máis de 3,5 millóns de euros en 10 medidas ou propostas de actuación:

Soubemos que con estes cartos se creará, por exemplo, unha nova  Área de Rehabilitación Integral xestionada polo Consorcio da Ribeira Sacra e integrada por 25 concellos, os mesmos incluídos na candidatura a patrimonio da Humanidade da Unesco. A través desta medida poderán financiarse algunas obras de rehabilitación integral.
Por outro lado fálase dun Plan Territorial Integrado para os 14 concellos de máxima protección do BIC Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra que absorbe 500.000 euros. Doutra banda está o denominado Plan Hurbe enfocado na recuperación de espazo de alto interese patrimonial gravemente deteriorados. Un exemplo que deu Feijóo foi a recuperación do contorno da igreza de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada) e do Mosteiro de Ribas de Sil.
A cuarta pata é unha intervención profunda na parroquia ribeirá de San Fiz de Asma, en Chantada, onde o obxectivo é fixar pautas de mellora sobre a gran densidade de construccións, sobre todo adegas particulares.
No aspecto paisaxístico a Xunta afirma que se 'unificarán dúas áreas de especial interese como son o Canón do Sil e o do Miño' e se levará a cabo un 'Pacto pola Paisaxe'. Esta inciativa contará cun investimendo de 700.000 euros que será xestionada polo Consorcio. Nesta mesma liña, elaborarase tamén un Plan de Acción da Paisaxe para os itinerarios de interese paisaxístico Chantada-Ponte Nova dos Peares e Monforte de Lemos-Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
A sensibilización ambiental  é outro dos conceptos que nomean e que xestionará en parte o programa Voz Natura en colaboración cos centros escolares para a recuperación de viñedos e zonas degradadas. Tamén se desenvolverá unha ruta de 'Arbores con Historia' na Ribeira Sacra. O cambio climático e a súa incidencia posible nesta área tamñen serán estudados a través da redacción dun traballo sobre o impacto deste fenómeno nas últimas décadas.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra