Unha ollada á porta monástica de Pantón. O mosteiro das Bernardas

Pantón
18 Outubro 2018
Patrimonio
Redacción | 18 de outubro de 2018

O mosteiro feminino cisterciense do Divino San Salvador  de Ferreira é a miúdo  a faciana do concello de Pantón. Coñecido como o mosteiro das Bernardas é testemuña viva da realidade monástica que en tempos latexaba na que  foi chamada a Ribeira Sacra. Unha ollada á pedra  desta fachada barroca no mosteiro e románica no templo que sostén alomenos nove séculos como albergue da vida monacal convida a reflexionar sobre a permanencia do culto. Primeiro da orde beneditina e despois do Císter. Vida interior detrás destes firmes muros, hoxe máis transparentes, nos que as relixiosas se abren ao mundo. Dende o ora et labora traído aos novos tempos e coa vocación de acollemento nun retiro espiritual , as monxas salvagardan este tesouro patrimonial e artístico ás portas da vila de Ferreira.

Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis