Vendimas e viña, protagonistas das fotos gañadoras do concurso 'Viña Sacra'

Ribeira Sacra
15 Febreiro 2019
Cultura
Redacción | 15 de febreiro de 2019
O concurso ‘Viña Sacra’ Cristina Shnellman, organizado pola Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada, pretende activar e visibilizar a creatividade e a arte entre a comunidade local . Nunha primeira ocasión o románico de Chantada fora a temática escollida para o certame. Desta volta, repartiu case tres mil euros en premios, incluíndo unha categoría escolar, tendo como eixo o amplo tema da viticultura e a elaboración do viño dende distintas olladas. A entrega dos premios e inauguración da exposición, cunha selección das fotografías presentadas, será o sábado, 2 de marzo, no auditorio de Chantada ás 12.30 h. 
Vexan nesta galería as fotos escollidas polo xurado e os seus autores. Presentáronse en total 44 instantáneas de 36 autores diferentes das que se escolleron catro gañadoras na categoría xeral e dúas gañadoras na categoría escolar. 
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra