Workshop Internacional 'Tralas Pegadas do Camiño de Inverno nas Paisaxes da Ribeira Sacra

Sober
4 Setembro 2019
Patrimonio
Redacción | 4 de setembro de 2019
Do 2 ao 6 de setembro a Fundación Juana de Vega e a Escola Galega da Paisaxe están a desenvolver en Sober e en distintos escenarios do tramo Quiroga Monforte do Camiño de Inverno un seminario centrado na análise desta ruta xacobea.  O Camiño de Inverno figura oficialmente como patrimonio da Xunta de Galicia dende 2016, e a súa delimitación oficial foi recollida por primeira vez no Plan Básico autonómico, pero precisaría unha revisión tendo en conta a lei 5/2016 de patrimonio cultural de Galicia. Isto é o que se puxo estes días sobre a mesa xunto co seu paso por unha área sacralizada dende tempos prehistóricos como é a Ribeira Sacra, sen dúbida unha fortaleza para este sendeiro de peregrinaxe e unha oportunidade de desenvolvemento que tamén cómpre enfocar do mellor xeito por todos os actores que entramos en xogo.
Concello