Xuño, un mes de cinema galego no auditorio de Chantada
As proxeccións comezarán este venres, ás 20.00 horas, co
pase de “Ons”, recoñecida con nove galardóns, entre eles o de Mellor Película,
e continuarán os días 11, 18 e 25 de xuño, a mesma hora. A entrada será libre ata completar a
capacidade autorizada no auditorio, de 100 persoas. Haberá rexistro de datos
persoais á entrada da sala, polo que se prega que as persoas que asistan traten
de facelo cunha antelación razonable para non acumularse na entrada nos últimos
minutos. O auditorio abrirá as súas portas a partir das 19.30h con este fin.
Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación e titular da
área de Cultura explicou que “tras as proxeccións que se organizaron nas
últimas semanas en Foz e Vilalba, levamos este ciclo de cine galego a Chantada,
onde se poderá disfrutar en pantalla grande dos mellores filmes da temporada en
galego” Subliñou Ferreiro que “é a primeira vez que desde a institución
provincial se aposta por unha iniciativa coma esta” e agradeceu a colaboración
na organización das proxeccións de Airoá Comunicación, asociación cunha ampla traxectoria de
compromiso coa cultura galega e coa diversidade e a conciencia crítica,
fundamentalmente a través da creación audiovisual. Esta casa, tamén da man da
Canle Ribeira Sacra, implícase neste ciclo de cinema dentro do seu obxectivo
constante de facer accesible a información e os contidos culturais á veciñanza
e conta coa colaboración do Concello de Chantada para proxectar as
longametraxes no auditorio municipal.