A primeira gran festa do viño

Chantada
15 Marzo 2019
Viño
Redacción | 15 de marzo de 2019
Que dicir da Feira do Viño de Chantada? Poucas persoas quedan por visitala na Ribeira sacra, pero ben seguro que oíron falar moito dela. Marca un antes e un despois no almanaque anual da vila do Asma que se implica ao máximo nela dende o punto de vista que sexa.

É a primeira das que se celebran para render homenaxe e presentar os viños de zona neste territorio, e pese a que ás veces aínda é cedo para probar con solvencia algúns deles, é un gran momento para determinar como se van acabar de facer e adiviñar a evolución ou degsutar incluso outras anadas.
Ante todo é unha gran festa en honra ao sector: ás adegas e aos viticultores. Este ano estiveron presentes 16 firmas e as catas popular e oficial serviron para valorar o seu traballo. Non falta a música e unha representación do patrimonio e das tradicións e recursos turísticos que fan desta unha das citas de exaltación vitivinícola máis antigas (37 anos) e en constante crecemento. 
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis