A Unesco confirma a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial en 2021

Ribeira Sacra
27 Marzo 2020
Patrimonio
Redacción | 27 de marzo de 2020
A Unesco confirmou hoxe que a candidatura da Ribeira Sacra estará, definitivamente, entre as 24 propostas de inscrición que concorrerán en 2021 para ser elixidas Patrimonio Mundial. Así lle foi notificado hoxe pola UNESCO á Xunta de Galicia. Será a única proposta de todo o Estado que optará a estar nesta lista como paisaxe cultural.
Así lle foi notificado hoxe pola UNESCO á Xunta de Galicia. Será a única proposta de todo o Estado que optará a estar nesta lista como paisaxe cultural. Xa forman parte dela a Cidade Vella de Santiago, o Camiño Francés, os Camiños do Norte, a Muralla de Lugo e a Torre de
Hércules.
A Xunta  sostén que isto abre “importantes perspectivas de crecemento e desenvolvemento sostible para este territorio; agradecendo especialmente a participación das deputacións de Ourense e Lugo, dos concellos da contorna e das diferentes entidades locais, como o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, entre outras, que, co seu traballo, lograron crear as condicións axeitadas para o desenvolvemento do expediente.

Esta candidatura está baseada nun traballo técnico, impulsado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, no que se destaca o valor universal excepcional desta zona. Así este sería o relato que se traslada hoxe dende o organismo autonómico:

“A Ribeira Sacra constitúe unha testemuña excepcional da cristianización do Occidente de Europa. Neste territorio desenvolveuse un movemento ascético de eremitas e anacoretas que ocuparon os vales do Sil e do Miño, que co tempo foi substituído por unha fecundaimplantación monacal que chega até os nosos días. Precisamente, esta espiritualidade xoga un papel moi importante na candidatura. Ademais, este territorio representa tamén un exemplo único do monacato de Occidente e da
sacralización do territorio, grazas a uns conxuntos arquitectónicos de extraordinaria singularidade que ilustran 1500 anos de historia. O paso do eremitismo ao monacato e a posterior expansión beneditina deixou un bosque de igrexas que ilustran a riqueza e variedade da arquitectura románica dos séculos XII e XIII. Á marxe do importante patrimonio cultural e arquitectónico, a Ribeira Sacra tamén é unha paisaxe viva e o máximo expoñente da relación entre home e natureza. Proba dista
interacción do ser humano co medio son as monumentais terrazas nas ladeiras dos canóns do Sil e o Miño para a explotación dunha agricultura de subsistencia baseada no policultivo. A esencia desta paisaxe antrópica atopámola con todos os seus matices nos terreos de ribeira e bocarribeira”.

O Plan Ribeira Sacra é Plan de xestión da paisaxe cultural 2020-2023. Unha ferramenta de cosntrucción desta candidatura a  Patrimonio Mundial da Unesco. Compromete máis de 34 M€, que se desenvolverán en 25 concellos nos que viven máis de 60.000 persoas. O Plan presentado hai uns meses nos Peares,  contemplaría melloras en eidos como o patrimonio e paisaxe cultural; a ordenación do territorio; a conservación dos valores naturais e medio ambiente; o desenvolvemento económico sustentable, a xestión do turismo; a educación, formación e investigación ou a comunicación e participación.


Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra